Como seres sociais que somos vémonos continuamente influenciados polos pensamentos e accións dos demais, tanto a nivel familiar como a nivel de nación. A estupidez en sociedade pódese englobar como unha extensión dos fracasos debido a un atasco na toma de decisións de forma que o individuo entra nun círculo vicioso de inacción.

A intelixencia non trata de resolver problemas senón de suscitalos, Unha meta equivocada ou falsa ou mala corrompe todos os razoamentos que conduzan ao fin.